Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A. (código 1503182) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-10-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, pola parte social polo comité de empresa o día 19-10-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de outubro de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A. ano 1999

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio terá aplicación no centro de traballo de Bajamar Séptima, sito no polígono industrial de Sabón, parcela 13 de Arteixo, A Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal existente no momento da súa sinatura en Bajamar Séptima, S.A., así como ó que se incorpore a posteriori ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do mesmo ano. Cando non se produza denuncia dalgunha das partes este convenio entenderase prorrogado de ano en ano en tódalas súas cláusulas. A denuncia realizarase cunha

antelación de dous meses ó remate da súa vixencia, comunicándoselle á outra parte e á autoridade laboral competente. Producida a denuncia manterase en vigor todo o articulado do convenio ata nova sinatura.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará aquelas melloras que puideran establecerse polas disposicións legais vixentes en cada momento.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen o carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas acordadas en contrato individual entre empresa e traballador, vixente á entrada en vigor do convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: cinco membros repartidos proporcionalmente á representatividade obtida por cada sindicato nas eleccións sindicais.

Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

Cando a comisión paritaria non chegue a acordo na interpretación ou aplicación do convenio, someterase a xurisdicción laboral competente.

Artigo 6º.-Grupo de clasificación.

O persoal ó servicio da empresa incluído no ámbito de aplicación deste convenio queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais.

I. Persoal técnico: clasifícanse neste grupo os que realicen traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo clasificarase á súa vez nos seguintes subgrupos:

I.1. Técnico con título medio.

I.2. Técnico con título non superior.

I.3. Técnicos non titulados.

2. Administrativos e persoal de mantemento: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior, así como o persoal que se dedique a funcións de mantemento. Clasificarase á súa vez en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

3. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo ó persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánico, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno. Este, á súa vez, clasificarase en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

Artigo 7º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na previsión de vacantes, cando se requira persoal de novo

ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, os traballadores/as que no momento de iniciarse a selección conten con contratos a tempo parcial, en segundo lugar os que estiveran relacionados coa empresa, e en terceiro lugar as peticións dos fillos ou fillas dos traballadores/as en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndollelo emprego, en todo caso, se superan as probas de aptitude que corresponda. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e saber non sexan inferiores ós doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informar ó comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselle difusión no taboleiro de anuncios.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal que por razóns de idade o doutra índole vexa reducida a súa capacidade física ou intelectual en tarefas que se axeiten ás súas condicións reais, no caso de que existan ditas tarefas. Igual criterio seguirase con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión.

Artigo 9º.-Xornada e horario de traballo.

A xornada anual será de 1.742 horas de traballo efectivo. Distribuída de luns a venres en quendas de mañá, tarde e noite repartido do seguinte xeito:

-Producción, servicios auxiliares e administración de servicios:

Mañá: das 6 ás 14 horas.

Tarde: das 14 ás 22 horas.

Noite: das 22 ás 6 horas.

-Administración inverno:

Grupo A:

Mañá: das 8 ás 14 horas.

Tarde: das 15 ás 17.10 horas.

Grupo B:

Mañá: das 8 ás 14 horas.

Tarde: das 16 ás 18.10 horas.

-Administración verán (15 xuño a 15 de setembro inclusives):

Grupo A e B:

Xornada única das 8 ás 14.30 horas.

Trimestralmente comunicaráselle ó comité o número de quendas realizadas por cada traballador para o seu control. A empresa poñerá os medios necesarios para que ó remata-lo ano o número de xornadas de noite, tarde e mañá sexan igual para tódolos traballadores/as non voluntarios ou quenda de noite. O traballo dos sábados farase con persoal que nos contratos así se especifique ou con persoal voluntario.

O tempo de bocadillo que actualmente se vén desfrutando será realizado entre a 3ª e 5ª hora do comezo da xornada.

-Horario novas contratacións. Persoal Administración. Ante circunstancias novas de contratación, estas axustaranse ós horarios que individualmente se acorden en cada contrato. A xonrada máxima así como os descansos semanais e diarios serán os establecidos no convenio colectivo. Horario de verán administrativos e técnicos, do 15 de xuño ó 15 de setembro: mañá das 8 ás 14.30 horas.

Artigo 10º.-Vacacións.

As vacacións adaptaranse á xornada máxima 1.742 horas e serán pactadas entre o comité de empresa e a empresa.

Dada a natureza do seu traballo, o persoal de mantemento desfrutará as súas vacacións en períodos diferentes ós recollidos no calendario anual do resto do cadro de persoal, que coincide coa máxima actividade para eles. Para tal efecto pactarase un sistema de quendas, que permita atendelas necesidades da empresa, e o desfrute das súas vacacións en períodos o máis parecidos posible ós demais traballadores.

Persoal administración:

Cando por necesidades excepcionais e circunstanciais, algún traballador/a vira modificado o comezo do seu período vacacional (previamente establecido no calendario de vacacións), e sempre que se lle comunique cunha antelación mínima de dous meses, percibirá en concepto de bolsa de vacacións e cantidade de 20.000 ptas.

No supostos de que tal modificación sexa comunicaca cun intervalo menor a dous meses, a cantidade que se percibirá será de 30.000 ptas.; igual cantidade aboarase no caso de que, comezado o período de vacacións (só por causas de auténtica necesidade), este tivese que ser interrompido. Así mesmo aboaranse os gastos xustificables que lle puideran ocasionar. Unha vez rematada a causa que deu motivo a algunha das circunstancias referidas, procederase segundo sexa, ó comezo das vacacións ou a continua-lo desfrute do período restante, en todo caso sempre dentro do ano en curso. Será sempre o traballador/a quen elixa o novo período de desfrute vacacional. As cantidades sinaladas serán aboadas nun só pagamento e coincidente coa nómina correspondente ó mes no que se produciu a situación de desfrute irregular de vacacións.

Artigo 11º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, de acordo coa seguinte escala:

-Técnicos titulados sen contrato en prácticas: seis meses.

-Resto de persoal e técnicos titulados con contrato en prácticas:

* Contrato de ata seis meses: 15 días de proba.

* Contrato de máis de seis meses: 1 mes de proba.

Artigo 12º.-Licencias non retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a 10 días de permiso non retribuído ó ano para asuntos propios debidamente xustificados, poderase fraccionar en dous períodos sendo o tempo mínimo de 5 días. O traballador/a avisará cun prazo mínimo de 7 días naturais salvo causas de forza maior.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O traballador/a, logo do aviso e xustificándoo adecuadamente, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días.

b) Tres días naturais no caso de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. No caso de falecemento de parentes de 3º grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será tamén de 3 días naturais. Cando polos motivos antes citados o traballador/a necesite facer un desprazamento para tal efecto, o prazo será de cinco días.

c) Un día por traslado de domicilio.

d) Un día por intervención cirúrxica sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Polo tempo indispensable para acudilo traballador/a a probas ou consultas médicas nos centros sanitarios da Seguridade Social, sempre que se acredite fidedignamente e se teña notificado con anterioridade á empresa.

Concédense os mesmos dereitos á compañeira/o que á esposa/o, tanto no caso de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse naturais.

Artigo 14º.-Vestiario.

A utilización da roupa de traballo deberase empregar exclusivamente para traballar en Bajamar Séptima, S.A. Todo o persoal da empresa, dependendo da tarefa que teña que realizar recibirá o seguintes vestiario:

Operarias:

CantidadeRoupaCambio

2Pares de zocosPor reposición

2Calzóns frío mullerAnual

2Camisetas termolactilAnual

2CasacasAnual

2PantalónsAnual

4Pares de calcetínsAnual

Encargadas:

CantidadeRoupaCambio

2Pares de zocosPor reposición

2Calzóns frío mullerAnual

2Camisetas termolactilAnual

2BatasAnual

2PantalónsAnual

4Pares de calcetínsAnual

Cámaras:

CantidadeRoupaCambio

1Par botas-illadas fríoPor reposición

2XerseisPor reposición

2PasamontañasPor reposición

2FundasAnual

1Traxe de fríoPor reposición

4Pares de calcetínsPor reposición

2Camisetas de fríoAnual

O vestiario de frío entregarase ó incorporarse ó cadro de persoal e repoñerase cando se produza rotura ou deterioración.

Administrativos e carreteiros externos:

CantidadeRoupaCambio

2Pares de zocosPor reposición

2PantalónsAnual

2BatasAnual

4Pares de calcetínsAnual

2Camisetas termolactilAnual

2XerseisPor reposición

Mantemento:

CantidadeRoupaCambio

1Par de botas Anual

4FundasPor reposición

4Pares de calcetínsAnual

2Camisetas termolactilAnual

1Traxe fríoPor reposición

1Par de botas fríoPor reposición

1PasamontañasPor reposición

O persoal de mantemento contará con roupa adecuada para realiza-lo traballo en cámaras, sendo este esterilizado despois de cada uso.

Resto de persoal:

CantidadeRoupa

1Par de zocos

2Batas

As datas de reposición serán nos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro de cada ano.

Para casos excepcionais e por petición do comité de empresa poderanse adianta-las datas de reposición, para que tódolos traballadores/as que non teñan completo o seu vestiario como se establece no convenio colectivo.

Por reposición entenderase que é cando a roupa ou calzado está deteriorado e non valla para traballar habitualmente, neste caso cambiarase por un da mesma calidade, sempre e cando se devolva a peza deteriorada.

Artigo 15º.-Estructura salarial.

Salario base: será igual para todo o persoal de Bajamar Séptima sendo o seu valor segundo táboas salariais anexas.

Antigüidade: a antigüidade de Bajamar Séptima, S.A. terá o tope máximo do 60% do salario base, e aboarase en función de trienios consolidados a razón do 6,5% do salario base por cada trienio, aplicando sempre esta porcentaxe sobre o salario base vixente no ano en curso.

Complemento de convenio: é o complemento que aparece nas táboas salariais e é idéntico para tódalas categorías e seccións.

Complemento de cualificación persoal: complemento de cualificación persoal segundo categorías. Aparece recollido nas táboas anexas.

Complemento de posto de traballo: é o complemento que se percibe polas condicións específicas do posto de traballo.

Artigo 16º.-Salarios.

Son os que constan na táboa salarial anexa e que supoñan unha suba do 2,5% de tódolos conceptos a excepción de: antigüidade, locomoción e axudas de custo con respecto ós salarios existentes durante o ano 1998.

Artigo 17º.-Complementos.

Complemento de nocturnidade: os traballadores/as que realicen a súa xornada na quenda de noite percibirán a cantidade que figura na táboa de salarios anexa. Os traballadores/as que permanentemente traballen na quenda de noite percibirán un complemento mensual que figura nas táboas salariais anexas. As persoas que desexen apuntarse, ou deixar de pertencer ó dito grupo deberán comunicalo á empresa cun mes de antelación.

As solicitudes de incorporación á quenda de noite serán estudiadas entre a empresa e o comité e en función da sua cualificación e as dispoñibilidades existentes tendo que ter recibida contestación da súa aceptación ou non para formar parte da quenda de noite no prazo máximo de 15 días.

Complemento de transporte: o persoal de administración que teña unha xornada distinta ó servicio de autobús posto á disposición dos traballadores por parte da empresa percibirá a cantidad resultante de aplica-la seguinte fórmula:

Ptas. autobús A Coruña-Arteixo * viaxes ano

Complemento de transporte= --------------------------------------------- x 1,17%

Mensual (12 pagas)12

A revisión do dito complemento farase anualmente tomando como prezo vixente o existente o 1 de xaneiro de cada ano. Para calculalo número de viaxes considerarase 4 viaxes diarios durante a xornada partida e 2 durante a xornada continuada.

Complemento de desprazamento: será aboado pola empresa a todo o persoal a razón de 900 ptas./día cando o traballador/a realice por solicitude da empresa un horario que o obrigue a desprazarse sen poder emprega-lo servicio de autobús da empresa; empregue este ou non habitualmente. O persoal de administración terá dereito a este complemento cando realice un desprazamento extra.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

É firme a vontade de ambas partes da reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

As horas extras serán aboadas segundo a táboa salarial anexa. A estes valores incrementaráselle-la nocturnidade nun 75% ou 100% cando proceda.

As horas extras que se realicen en domingos e festivos, ademais de contar coa retribución antes sinalada, teñen a bonificación de igual tempo de descanso en xornada laboral habitual que tempo traballado, que será desfrutado nos 15 días inmediatos á súa realización.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias nas quendas provocadas por licencias retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista de relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias que poidan afectar á producción e períodos punta de traballo.

-Posta en marcha e peche da empresa.

As horas extras terán en todo momento o carácter de voluntarias tal como prevé o E.T. no artigo 35.4º, salvo o pactado en contratos individuais.

Cando a xornada laboral normal de oito horas exceda en máis de 5 minutos e estea xustificada por razóns de traballo aboarase como a continuación se indica:

Entre máis de 5 minutos e 30 minutos aboarase a razón de media hora extraordinaria.

Entre máis de 30 minutos e 1 hora aboarase a razón dunha hora extraordinaria.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, incluído o persoal con contratos para a formación, desfrutará de 3 pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro a 31 de decembro.

b) O día 15 de xullo. O período de devengo é do 1 de xaneiro a 30 de xuño do ano que se paga.

c) O día 15 de decembro. O período de devengo é do 1 de xullo ó 31 de decembro do ano no que se paga.

As ditas pagas serán sempre completas aínda que se produzan baixas por accidente ou enfermidade e serán iguais, facéndose efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

Así mesmo tódolos traballadores e traballadoras cobrarán unha cuarta paga segundo táboas salariais, máis a antigüidade, que será aboada o 15 de outubro. A dita paga devengarase desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro. Para o ano 1999 o incremento da dita paga será de 10.000 ptas. con respecto ó importe do ano 1998.

Artigo 20º.-Contrato de aprendizaxe.

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato de aprendizaxe:

Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

Prórroga: mínimo de 6 meses.

Idade: de 16 a 21 anos.

Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

Titor: cada dous aprendices, como máximo, terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que deberá adquiri-lo aprendiz.

Salario: o primeiro ano ó 100% do salario base do convenio e o segundo ano ó 120% do salario base do convenio.

Artigo 21º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de xantar de 1.500 ptas. Deberase entón parti-la xornada laboral considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder realiza-lo dito xantar. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

En casos especiais, se as necesidades de traballo urxente o requiren, o traballador/a poderá prescindir do tempo previsto para o seu xantar ou cea sen que isto signifique a perda da axuda de custo establecida.

Artigo 22º.-Complemento por ILT e accidente de traballo.

Cando o persoal da empresa estea en situación de IT, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando sempre e cando sexa debido a A.T. ou E.P.; así mesmo, percibirá ata o 100% do salario cando se trate de E.P. e E.C. que requira hospitalización.

A tódolos traballadores/as da sección de fabricación e mantemento aboaráselles, na totalidade das baixas, o 100% do seu salario se no semestre anterior non se superou o 6% de absentismo laboral nestas seccións. Outro tanto sucederá cos traballadores/as de administración se nesta sección non se superou o 3% do absentismo no semestre anterior.

Artigo 23º.-Indemnización no caso de morte ou invalidez permanente por causa de accidente.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concentración de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantirá ós seus traballadores/as ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día.

A. Por accidente non laboral.

A.1. Morte do traballador/a.

Os herdeiros do traballador/a, ou no seu defecto, a persoa que este designara, percibirán a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas.

A.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador/a e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas para os primeiros casos, trece millóns catrocentas sesenta e unha mil duascentas noventa e sete pesetas nos segundos casos e vinteseis millóns novecentas vintedúas mil cincocentas noventa e catro pesetas nos terceiros casos.

B. Por accidente laboral.

B.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador/a ou, no seu defecto, a persoa que designara, percibirán a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas.

B.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de seis millóns setecentas trinta mil seiscentas corenta e nove pesetas para os primeiros casos, trece millóns catrocentas sesenta e unha mil duascentas noventa e sete pesetas nos segundos casos e vinteseis millóns novecentas vintedúas mil cincocentas noventa e catro pesetas nos terceiros casos.

Entenderase por invalidez permanente total, a incapacidade que inhabilita o traballador/a, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta, a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador/a para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia das perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa, para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Estas condicións quedan establecidas na póliza de seguros e a copia será entregada ó comité de empresa.

Artigo 24º.-Servicio militar.

Tódolos traballadores/as que, tendo 2 ou máis anos de antigüidade na empresa, teñan que cumprilo SMO, PSS ou castigo pola súa negativa, terán dereito á conservación do posto de traballo.

Artigo 25º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos, para todo o persoal da empresa.

Non obstante a empresa realizará os trámites precisos co obxecto de xestiona-la xubilación anticipada e voluntaria co 100% da base de cotización que lle correspondería ós 65 anos e que teñan cotizado ó réxime da Seguridade Social antes do 1 de xaneiro de 1967.

Se a empresa decidise cubrir estas baixas terá en conta o disposto no artigo 7º.

Ó producirse a xubilación forzosa a quen leve máis de 20 anos traballando na empresa, concederalle un premio de tres mensualidades completas; no caso de que leve máis de 15 anos, dúas mensualidades completas, e nos casos que a antigüidade sexa de 10 ou máis anos unha mensualidade, tamén completa. Se a dita xubilación se anticipa ós 65 anos gratificarase ó traballador/a, ademais co dito anteriormente, con 15 días máis por ano de anticipo.

Artigo 26º.-Aplicación deste convenio e vinculación á totalidade.

Se a empresa por causas económicas ou doutra índole decide non aplicar este convenio, terá que contar previamente coa autorización da comisión

paritaria e, no caso de non mediar acordo, serán os tribunais do social os que arbitren unha solución definitiva. Mentres non haxa acordo ou resolución, a aplicación deste convenio será de obrigado cumprimento.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por conseguinte, a non aplicación dalgunha das condicións nel pactadas supoñen as da totalidade.

No suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobase ou modificase algunha das súas cláusulas, a comisión negociadora do convenio deberá reunirse para revisalo.

Artigo 27º.-Formación do persoal.

Os obxectivos en formación son os seguintes:

-Integra-la formación na política global de xestión de recursos humanos da empresa.

-Potenciar iniciativas de formación que favorezan a modernización e xestión da empresa.

-Impulsar unha formación continua que asegure o mantemento das competencias dos empregos e, ó mesmo tempo, facilite a adquisición de novas capacidades que estimulen a promoción interna.

-Renovar e desenvolve-las destrezas e coñecementos en función da previsible evolución das profesións e empregos, centrando a atención nas cualificacións que se requiren para o futuro.

-Ampliar e desenvolve-la colaboración con outras institucións públicas naqueles programas que complementen iniciativas de formación da compañía.

Financiamento da formación:

A formación poderase realizar dentro ou fóra da xornada laboral. No caso de ser realizada fóra da xornada laboral, a empresa aboaralle ó traballador/a as horas realizadas a razón do 50% do seu salario/hora ou ben en tempo libre a razón do 50% das horas realizadas de formación.

No caso de que a formación requira desprazamento ou necesidade doutro tipo de axudas de custo, estas serán aboadas pola empresa integramente.

Artigo 28º.-Faltas, sancións e procedemento sancionador.

-Faltas:

As faltas cometidas polo traballador/a serán cualificadas, segundo importancia, trascendencia e intención, en leves, graves ou moi graves.

1. Consideraranse como faltas leves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

b) A inasistencia inxustificada dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa antelación previa da inasistencia ó traballo por causa xustificada, salvo que fora acreditada a imposibilidade da non notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que iso non causara risco á integridade das persoas ou cousas; neste caso poderase cualificar, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tivera a cargo ou fose responsable e que se produzan deterioracións leves deste.

g) A embriaguez non habitual no traballo.

2. Consideraranse como faltas graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por tempo total de ata sesenta minutos.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous ou catro días durante o período dun mes.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tiveran incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente, sen prexuízo do previsto na letra d) do número 1.

e) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ó traballo.

f) A desobediencia a ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas a normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves á empresa, causen avarías ás instalacións, maquinaria e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidente para as persoas, neste caso serán consideradas como faltas moi graves.

g) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas, vehículos e obras ó seu cargo, cando iso derivase nun prexuízo grave á empresa.

h) A realización sen o oportuno permiso de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de útiles, ferramentas, maquinaria, vehículos e, en xeral, bens da empresa para os que non estivera autorizado, ou para usos alleos ós do traballo encomendado, incluso fóra da xornada laboral.

i) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que non produza grave prexuízo á empresa.

j) A embriaguez habitual no traballo.

k) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afectar ó proceso productivo ou á prestación do servicio e sempre que, previamente, mediara a oportuna advertencia da empresa.

l) A execución deficiente dos traballos encomendados, sempre que de iso non derivase prexuízo grave para as persoas ou cousas.

ll) A diminución do rendemento normal no traballo de xeito non repetido.

m) As ofensas proferidas verbalmente ou de obra, cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando revistan unha acusada gravidade.

n) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza e sempre que mediara sanción distinta de amoestación verbal, dentro dun trimestre.

3. Consideraranse faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en dez ocasións durante seis meses ou vinte durante un ano, debidamente advertida.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens de propiedade da empresa, de compañeiros/as ou de calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

g) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

h) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal pactado.

i) A inobservancia dos servicios de mantemento no caso de folga.

j) O abuso de autoridade exercido por quen desenvolve funcións de mando.

k) O acoso sexual.

l) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

ll) As derivadas dos puntos 1 d) e 2 l) e m) deste artigo.

m) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, reiterando como tal aquela situación na que con anterioridade ó momento da comisión do feito, o traballador estivese sancionado dous ou máis veces por faltas graves, aínda que de distinta natureza, durante o período dun ano.

-Sancións:

As sancións máximas que se van aplicar por faltas poderán se-las seguintes:

Por falta leve: amoestación verbal ou escrita.

Pola reiteración de faltas leves: ata 2 días de suspensión de emprego e soldo.

Por falta grave: ata 7 días de suspendión de emprego e soldo.

Por falta moi grave: ata 30 días de suspensión de emprego e soldo ou despedimento disciplinario.

As faltas leves prescribirán ós 10 días, graves ós 20 días e as moi graves ós 60 días, a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión, e en todo caso, ós 120 días de terse cometido.

As anotacións desfavorables que, como consecuencia das sancións impostas puideran facerse constar nos expedientes persoais, quedarán canceladas ó terse cumprido os prazos de dous, catro ou oito meses, segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

-Procedemento sancionador:

1. A sanción de faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ó traballador.

2. A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrucción dun procedemento contradictorio sumario, con audiencia do traballador afectado e do comité de empresa, tendo este último quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

3. Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no punto anterior, a dirección da empresa poderá acorda-la medida cautelar de suspensión de emprego.

4. A dirección da empresa informará ó comité de empresa sobre as sancións impostas por faltas graves e moi graves.

5. Cando o traballador estea afiliado a un sindicato, informarase ou escoitará ó delegado sindical nos casos e cos procedementos previstos nos puntos 2 e 4 deste artigo.

6. Tratándose do delegado sindical o membro do comité de empresa/delegado de persoal, haberá que aterse ó disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 29º.-Garantías dos/as representantes dos/as traballadores/as.

A empresa garantirá que tódolos dereitos dos representantes que a Lei 8/1980, do 10 de marzo, e a súa reforma (Lei 11/1984) prevé serán escrupulosamente cumpridos.

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas ás xuntanzas coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores/as trimestralmente.

O crédito horario non se computará para os efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 30º.-Traballadores/as a tempo parcial.

Os traballadores/as a tempo parcial rexeranse polas seguintes condicións na súa contratación:

1. Garantiráselles unha xornada de 158 días de traballo efectivo, de cómputo anual, correspondendo ó 70% da xornada anual do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

A xornada poderase ampliar ata 202 días anuais, se nos meses últimos de cada ano non superan a xornada de 158 días, e reducirase no primeiro de

xaneiro ó mínimo de 158 días no caso de que sexa superada.

2. O importe será por hora efectiva de traballo e calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

SBA da categoría---------------------------

2000

SBA: salario bruto anual.

Garantirase por parte da empresa un mínimo de 27 días de traballo trimestrais máis un complemento de dispoñibilidade mensual segundo táboas salariais anexas, este último independentemente dos días que se traballen no mes.

Como norma xeral, o horario coincidirá cos horarios establecidos para o resto do cadro de persoal; nos casos de que o dito horario sexa diferente, estas traballadoras e traballadores contarán, á parte dos 15 minutos de descanso non retribuídos, con outros 15 minutos de descanso retribuído que se desfrutarán conxuntamente entre a terceira e a quinta hora desde o inicio da xornada.

Garántese un mínimo de dúas horas de traballo por chamada para pizzas refrixeradas, máis un complemento de desprazamento segundo convenio.

A empresa intentará completa-la xornada noutra actividade.

Bajamar Séptima, S.A. comprométese a que tódolos venres saia publicada no taboleiro de anuncios a asignación do programa de traballo de cada traballador/a para a semana seguinte. No caso de que o dito calendario se vexa reducido, a empresa aboará a totalidade das horas programadas e, no caso de que se amplíe, pagarase o exceso de horas non programadas como horas extras, salvo que o dito incremento se produza debido a ausencias imprevistas do persoal comunicadas ó comité.

A empresa empregará traballadores/as de Bajamar Séptima, S.A. a tempo parcial (fixos ou temporais) antes que traballadores/as de ETTs, de xeito que non haberá traballadores/as de cadro de persoal de Bajamar Séptima, S.A. coa xornada reducida (sen traballar) e traballadores/as de ETTs prestando os seus servicios na empresa, podendo esta acollerse, no caso de xornada reducida, ó Decreto 1561/1995 ata unha vez na semana, non sendo consideradas horas extras as que sexan realizadas por estes mesmos traballadores/as e non figuren incluídas no cuadrante, agás que estean a supera-la xornada máxima diaria, semanal ou anual.

Polo que se refire ás compensacións horarias e descansos haberá que aterse ó disposto no decreto mencionado, respectando o convenio colectivo e contratos individuais.

Para futuras contratacións haberá que aterse ó pactado no seu contrato.

ANEXO I

Con carácter xeral aplicarase o calendario de vacacións xa acordado entre a empresa e os representantes dos traballadores, aínda que para o ano 1999 e nos períodos de peche da fábrica por vacacións

se farán as seguintes excepcións para fabricar pizzas refrixeradas:

1. Traballarase un día por semana durante o peche da fábrica por mor das vacacións para producir pizzas refrixeradas. O dito traballo farase con persoal voluntario que previamente se apuntou para traballar nas vacacións. Deste persoal voluntario, a empresa establecerá as persoas que deben de estar dispoñibles para seren chamadas, intentando que sexan tódolos que se apuntaron.

2. Os días que se traballen serán aboados como horas extras aínda que non terán tal consideración, e compensarase cada xornada traballada (superior ou inferior a 8 horas) cun día de vacacións de libre disposición, cun máximo de cinco persoas por día e avisando antes do mércores da semana anterior ó seu desfrute.

3. A empresa aboará a tódolos traballadores/as que estableza como dispoñibles, o salario de 8 horas de traballo efectivo por xornada. Unha vez realizado o traballo, calcularase o importe que lle corresponde a cada traballador/a, se esta cantidade é superior

á xa cobrada aboaráselle a diferenica, se é inferior non se corrixirá a diferencia.

ANEXO II

A partir da entrada en vigor deste convenio, as novas contratacións que se realicen recollerán as especificacións relativas ó traballo en productos refrixerados, xornada anual, vacacións e descansos.

ANEXO III

Os traballos e tarefas que afecten á producción de productos refrixerados, dada a súa substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, poderanse cubrir mediante contratos de obra ou servicio determinado.

ANEXO IV

A empresa comprométese a respecta-lo acordo subscrito co comité de empresa o día 10-9-1996, e rexistrado na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30-9-1996, co número 438 nos seus puntos 2 e 3.

Bajamar Séptima, S.A. (Grupo Pescanova)

Táboa salarial por sección e categoría

x 15

pagas

x 1

paga

x 3

pagas

Cod.Seccións e categoríasBaseComplemento

convenioComplemento

categoríaSalario

mensualExtra

outubroPagas

extraSalario

1999Hora

extraHora

extra

Fest.Hora

formación

100Titulados e técnicos

101Grao superior ou asimilados75.5518.044150.951234.54683.995234.5463.602.1873.6114.1262.063

102Grao medio ou asimilados75.5518.044135.314218.90983.995218.9093.367.6343.3753.8571.929

103Técnicos titulados75.5518.04472.770156.36483.995156.3642.429.4612.4322.7801.390

104Técnicos non titulados75.5518.04457.133140.72883.995140.7282.194.9162.1972.5111.255

105Axudante técnico titulado75.5518.04441.497125.09283.995125.0921.960.3711.9612.2411.121

106Axudante técnico non titulado75.5518.04425.860109.45583.995109.4551.725.8141.7261.972986

200Administración xeral

201Xefe de departamento75.5518.044156.209239.80483.995239.8043.681.0533.6904.2172.108

202Xefe de sección75.5518.044152.422236.03783.995236.0373.624.5463.6334.1522.076

203Oficial 1ª75.5518.04456.742140.33783.995140.3372.189.0532.1912.5041.252

204Oficial 2ª75.5518.04453.224136.81983.995136.8192.136.2802.1382.4431.222

205Auxiliar 1ª75.5518.04425.860109.45583.995109.4551.725.8141.7261.972986

206Auxiliar 2ª75.5518.04410.22493.81983.99593.8191.491.2841.4901.703851

207Aspirante ou bolseiro75.5518.0446.31589.91083.99589.9101.432.6441.4311.635818

300Cámaras e almacéns

301Xefe de equipo75.5518.04480.587164.18283.995164.1822.546.7282.5502.9151.457

302Oficial 1ª75.5518.04441.496125.09183.995125.0911.960.3651.9612.2411.121

303Oficial 2ª75.5518.04432.663116.25883.995116.2581.827.8581.8282.0891.045

304Especialista carreteiro75.5518.04423.358106.95383.995106.9531.688.2841.6881.929964

305Operario/a75.5518.0443.34586.93983.99586.9391.388.0871.3861.584792

306Mozos75.5518.044083.59583.99583.5951.337.9191.3361.527763

400Mantemento

401Xefe de equipo75.5518.04480.587164.18183.995164.1812.546.7162.5502.9151.457

402Oficial 1ª75.5518.04472.769156.36483.995156.3642.429.4562.4322.7801.390

403Oficial 2ª75.5518.04466.202149.79783.995149.7972.330.9472.3332.6671.333

404Especialista75.5518.04438.916122.51183.995122.5111.921.6651.9222.1971.098

405Operario/a75.5518.04425.860109.45583.995109.4551.725.8201.7261.972986

x 15

pagas

x 1

paga

x 3

pagas

Cod.Seccións e categoríasBaseComplemento

convenioComplemento

categoríaSalario

mensualExtra

outubroPagas

extraSalario

1999Hora

extraHora

extra

Fest.Hora

formación

500Fabricación

501Encargado xeral75.5518.044111.860195.45583.995195.4553.015.8193.0213.4531.727

502Xefe/a de equipo75.5518.04472.769156.36483.995156.3642.429.4562.4322.7801.390

503Oficial 1ª75.5518.04441.496125.09183.995125.0911.960.3651.9612.2411.121

504Oficial 2ª75.5518.04432.662116.25783.995116.2571.827.8531.8282.0891.045

505Especialista75.5518.04423.358106.95383.995106.9531.688.2841.6881.929964

506Operario/a75.5518.0443.34586.93983.99586.9391.388.0871.3861.584792

Subida do 2,5% e 10.000 ptas. lineais paga extra outubro.

Outros complementosAno ou díaMensual

Frío -25º complemento ano/ 12 pagas196.20716.351

Frío 0º complemento ano/ 12 pagas112.7629.397

Nocturnidade día efectivo1.12824.805

Nocturnidade voluntaria diaria1.53833.836

Complemento de locomoción mensual157.03213.086

Complemento de dispoñibilidade mensual10.517

Antigüidade trienio78.5734.911

Antigüidade seis anos157.1459.822