Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 11 de novembro de 1999, no que se adxudican provisionalmente tres emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais de Moaña (Pontevedra), Teo (A Coruña) e Vilasantar (A Coruña).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 11 de novembro de 1999, relativo á adxudicación provisional de tres emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais de Moaña (Pontevedra), Teo (A Coruña) e Vilasantar (A Coruña), resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 11 de novembro de 1999, polo que se adxudican provisionalmente tres emisoras de radiodifusión sonora para a súa explotación polos respectivos concellos, texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1999.

Rosanna López Salgueiro

Directora xeral de Comunicación Social e Audiovisual

-Anexo á Resolución do 17 de novembro de 1999.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de novembro de mil novecentos noventa e nove adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas

métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, acorda adxudicar, con carácter provisional, a explotación de tres emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ós concellos que se relaciona no anexo, con expresión das características que corresponden a cada unha das emisoras.

O outorgamento das concesións, que habilitará para a posta en funcionamento das correspondentes emisoras, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución deste acordo, de conformidade coas funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.».

-Anexo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se adxudican provisionalmente tres emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, para a súa explotación polas corporacións locais.

Provincia: PO

Concello: Moaña

F (Mhz): 91.1

Lonxitude: 8W4408

Latitude: 42N1654

Cota: 10

HEFM: 37.5

PRAW: 150

P: M

D: N

Sector: -

Provincia: C

Concello: Teo

F (Mhz): 107.1

Lonxitude: 8W3258

Latitude: 42N4748

Cota: 155

HEFM: 37.5

PRAW: 150

P: M

D: N

Sector: -

Provincia: C

Concello: Vilasantar

F (Mhz): 107.9

Lonxitude: 8W0713

Latitude: 42N0427

Cota: 493

HEFM: 37.5

PRAW: 50

P: M

D: N

Sector: -