Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 01 de decembro de 1999 Páx. 14.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 4 de novembro de 1999, o proxecto técnico do concurso para a contratación da obra de accesos a núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas, Ferreirós a Dorvisón e outras, redactado polo enxeñeiro técnico agrícola Manuel Souto López, queda exposto ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de oito días hábiles, que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o concurso público urxente e procedemento aberto da obra de accesos a núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas, Ferreirós a Dorvisón e outras, que se expón ó público por un prazo de catro días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas. Á súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de se presentaren reclamacións ó proxecto técnico ou ó prego, continuando, o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución das reclamacións.

Obxecto: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da obra de accesos a núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas, Ferreirós a Dorvisón e outras.

Tipo de licitación: é de 7.983.146 pesetas.

Prazo de execución: dous meses desde a notificación da adxudicación.

Garantías: a provisional establécese en 159.663 pesetas e a definitiva igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte ó que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre cerrado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 5 de novembro de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado