Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 01 de decembro de 1999 Páx. 14.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria do concurso, por procedemento aberto, para a prestación das actividades incluídas no programa Nadalxogo'99.

Obxecto: é a prestación dos servicios orientados a desenvolve-las actividades comprendidas no programa Nadalxogo'99.

Tipo de licitación: é de 11.000.000 de ptas. máis IVE, importe do que o concello aboará 9.000.000 de ptas. IVE incluído, satisfacéndose a cantidade restante con cargo á recadación de despacho de billetes.

Prazo de execución: a duración do contrato estenderase desde o día 25 de decembro de 1999 ata o 4 de xaneiro do 2000.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas no rexistro xeral do concello no prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar no Concello de Santiago de Compostela ás 12 horas do día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Prego e documentación: consultarase na seguinte dirección: Concello de Santiago de Compostela. Sección Contratación e Servicios. r/ Raxoi, s/n. Tfno.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado