Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 01 de decembro de 1999 Páx. 14.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: subministracións de tractor para a granxa provincial Gayoso Castro.

3. Orzamento: dez millóns duascentas mil (10.200.000 ptas.).

4. Prazo de entrega: 1 mes desde a data de adxudicación.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección de Servicios Xerais Negociado de Xestión de Programas. Rexistro e Información.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 250, do 30 de outubro de 1999.

Lugo, 2 de novembro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo