Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de servicios para a realización dos traballos de limpeza dos locais da Delegación Provincial de Pontevedra.

Advertidos erros na mencionada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 24 de novembro de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 7.862, segunda columna, novena liña, onde di: «... Lei 13/1995, da LCAP», debe dicir: «... Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (LCAP)».

-Na mesma páxina, segunda columna décimo segunda liña, onde di: «Os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) da LCAP, por calquera dos seguintes medios: informe de institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados no curso dos tres últimos exercicios. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase conforme o artigo 18 b) e e) da mesma lei mediante calquera dos seguintes medios: unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, ou ben mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato», debe

dicir: «Os licitadores deberán xustifica-la solvencia económica financeira por algún dos seguintes medios: a) informe de institucións financeiras ou b) declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados no curso dos tres últimos exercicios, de conformidade co artigo 16.1 a) e c) da LCAP. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase por algún dos medios seguintes: a) unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes ou b) unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, de conformidade co Art. 19 b) e e) da mesma lei».