Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentencia 576/1999, do 22 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0005423/1996, interposto por Amalia Lafuente Varela, contra desestimación por silencio da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do recurso ordinario contra resolución da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 23-3-1995, que aprobou definitivamente o proxecto das normas subsidiarias de planeamento municipal de Arteixo; dictouse a Sentencia 576/1999, do 22 de xullo, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia número 570/1999, do 22 de xullo, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que, estimando parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Amalia Lafuente Varela contra desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso ordinario formulado por Amalia Lafuente Varela contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo, do 23 de marzo de 1995, sobre aprobación definitiva do proxecto de normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Arteixo, debemos anular e anulámo-lo mencionado acordo no extremo relativo á cualificación urbanística do Monte Penouqueira como UA-44 con ordenanza URTA-2; con desestimación das restantes pretensións».

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda