Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentencia 572/1999, do 22 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0005417/1996, interposto por Pastora Álvarez Varela, contra desestimación por silencio da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do recurso ordinario contra resolución da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 4-5-1995, que aprobou o texto refundido do proxecto das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Arteixo; dictouse a sentencia 572/1999, do 22 de xullo, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia número 570/1999, do 22 de xullo de 1999, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Pastora Álvarez Varela contra a desestimación por silencio pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do recurso ordinario interposto pola demandante contra a Resolución do 4-5-1995 da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña que aprobou o texto refundido das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Arteixo, actos que anulamos por non seren conformes a dereito no que se refire á parcela da demandante descrita no feito primeiro da demanda, e declaramos que as ditas normas subsidiarias han de ser modificadas para efectos de excluí-la referida parcela da UA-47 e proceder á súa clasificación e cualificación como solo urbano rexido pola Ordenanza URTA-1. No demais desestimámo-lo recurso.».

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda