Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.041

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación, correspondentes ó programa de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado nos anexos I e II da Orde do 5 de agosto de 1999 (DOG do 25 de agosto).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de agosto de 1999 (DOG do

25 de agosto) aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada en tecnoloxías da información e as comunicacións (anexo I) e proxectos empresariais en tecnoloxías das informacións e as comunicacións (anexo II) do Programa de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Nas bases 4 e 8 dos anexos I e II respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada en tecnoloxías da información e as comunicacións ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan.

Estas axudas corresponden á totalidade da subvención necesaria para a realización do correspondente proxecto de investigación incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo I e que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos empresariais en tecnoloxías das informacións e as comunicacións ás empresas que se relacionan no anexo II desta resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan.

Cuarto.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo II e que foron admitidas para participar neste concurso entenderase que quedan denegadas por no conseguiren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Quinto.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 5 de agosto de 1999 (DOG do 25 de agosto) suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a patir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN APLICADA EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS

RELACIÓN DE ADXUDICATARIOS

INVESTIGADOR/A PRINCIPALCÓDIGO PROXECTOORG.Nº ANOSP. AX.TÍTULO1º ANUALIDADE2ª ANUALIDADETOTAL

ARIAS RODRÍGUEZ, JUAN ENRIQUEPGIDT99COM23601USC2DESENVOLVEMENTO DUN CONTORNO VIRTUAL MULTIUSUARIO COLABORATIVO COMO PLATAFORMA DE SERVICIOS MULTIMEDIA QUE UTILIZAN PROTOCOLO IP SOBRE DIVERSAS REDES DE TELECOMUNICACIÓN.10.000.0002.500.00012.500.000

ALONSO BETANZOS, AMPAROPGIDT99COM10501UDC2COOPERACIÓN DE TÉCNICAS DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL NUN SISTEMA DE TELEMONITORIZACIÓN ANTENATAL: TELEMACO.3.000.000500.0003.500.000

VALDERRUTEN VIDAL, ALBERTOPGIDT99COM10502UDC2MODELIZACIÓN E AVALIACIÓN DUN SISTEMA DE ALMACENAMENTO DISTRIBUÍDO A BAIXO CUSTO PARA APLICACIÓNS MULTIMEDIA.9.000.0001.000.00010.000.000

MORET BONILLO, VICENTEPGIDT99COM10503UDC2IMPLEMENTACIÓN DUNHA FERRAMENTA PARA VALIDACIÓN E ESTUDIO DE USABILIDADE DE SISTEMAS INFORMÁTICOS INTENSIVOS EN COÑECEMENTO.1.000.000300.0001.300.000

LÓPEZ CABIDO, JOSÉ IGNACIOPGIDT99COM00101CESGA2ESTUDIO E IMPLEMENTACIÓN DO SUPERORDENADOR VIRTUAL GALEGO E APLICACIÓN Á OPTIMIZACIÓN EVOLUCIONISTA DISTRIBUÍDA.10.000.0002.700.00012.700.000

P. Ax. Nesta columna figuran aqueles proxectos de investigación ós que se lles autoriza a contratación de persoal auxiliar.

ANEXO II

PROXECTOS DE INVESTIGACION APLICADA EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS

RELACIÓN DE ADXUDICATARIOS

NOME OU RAZÓN SOCIALCIFDURACIÓNP. AX.CÓDIGO PROXECTOTÍTULO1º ANUALIDADE2ª ANUALIDADETOTAL

ITEMAGA, S.L.B-152682202PGIDT99COM001EANÁLISE DAS NECESIDADES, ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DUN MODELO PARA A PROVISIÓN DE SERVICIOS INTEGRADOS DE CORREO ELECTRÓNICO PÚBLICO E PERMANENTE PARA A CIDADANÍA GALEGA.4.500.000 500.000 5.000.000

INTERARTE SERVICIOS MULTIMEDIA, S.L.B-155759701PGIDT99COM002EDEFINICIÓN DUN INTERFAZ DE APLICACIÓN MULTIMEDIA PARA A SÚA IMPLANTACIÓN NUN MODELO DE CURSO INTERACTIVO DO IDIOMA GALEGO.2.500.000 2.500.000

INTELSIS-SISTEMAS INTELIGENTES, S.A.A-152151712PGIDT99COM003ESIMUDIS: SISTEMA MULTIMEDIA PARA DISCAPACITADOS.8.000.000 2.000.000 10.000.000

INTERACCION-COMUNICACION INTERACTIVA MULTIMEDIA, S.L.B-368205381PGIDT99COM004ESISTEMA DE XESTIÓN ON LINE DE PROXECTOS MULTIMEDIA.3.000.000 3.000.000

DISEÑO DE INGENIERÍA Y COMUNICACIÓN, S.A.A-322226061PGIDT99COM005EFORMACIÓN INTERACTIVA EN INTERNET: SISTEMA DE FORMACIÓN E AVALIACIÓN INTERACTIVO UTILIZANDO A PLATAFORMA INTERNET.5.000.000 5.000.000

NOME OU RAZÓN SOCIALCIFDURACIÓNP. AX.CÓDIGO PROXECTOTÍTULO1º ANUALIDADE2ª ANUALIDADETOTAL

DISEÑO Y SERVICIOS GRÁFICOS, S.L. (DYGRA)B-151316912PGIDT99COM006EAPLICACIÓN DE TÉCNICAS DE ILUMINACIÓN INFOGRÁFICA POR RADIANCIA PARA A CREACIÓN AUDIOVISUAL NA ANIMACIÓN EN 3D.8.000.000 2.000.000 10.000.000

EUROESPES, S.A.A-153194522PGIDT99COM007ESISTEMA DE INFORMACIÓN SOBRE A DEMENCIA ANCIÁNS DISCAPACITADOS EUROESPES (IDADE).2.300.000 1.700.000 4.000.000

ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS DE PESCADOS Y MARISCOS (ANFACO)G-366253091PGIDT99COM008EIMPLEMENTACIÓN DUN SISTEMA DE XERACIÓN AUTOMÁTICA DE WEB PARA O SECTOR INDUSTRIAL, TRANSFORMADOR E CONSERVEIRO DE PRODUCTOS DA PESCA, ACUICULTURA E SECTORES ANEXOS.1.000.000 1.000.000

P. Ax. Nesta columna figuran aqueles proxectos de investigación ós que se lles autoriza a contratación de persoal auxiliar.