Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 30 de novembro de 1999 Páx. 14.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de novembro de 1999 pola que se modifica o concerto educativo cos centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia que no anexo se relacionan.

Por Orde do 31 de xullo de 1998 (DOG do 19 de agosto), e a corrección de erros publicada no

DOG do 27 de outubro, aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional de primeiro e segundo grao. A mencionada orde foi modificada polas ordes do 2 de febreiro de 1999 (DOG do 25) e do 24 de marzo de 1999 (DOG do 12 de abril).

Tendo en conta o artigo 46.1º do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos e que nos centros privados concertados, que impartiron ciclos formativos de grao medio de duración de 1.300 ou 1.400 horas no curso escolar 1998-1999, o seu alumnado deberá realiza-la correspondente formación en centros de traballo no período de setembro a novembro de 1999, segundo se especifica no anexo IV da Lei 49/1998, do 30 de decembro (BOE do 31), de orzamentos xerais do Estado para 1999.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-la modificación do concerto dos centros privados, que no curso escolar 1998-1999 impartiron ciclos formativos de grao medio de duración de 1.300 ou 1.400 horas, para a realización da formación en centros de traballo nos meses de setembro a novembro de 1999, segundo os datos que figuran no anexo e na contía que se determina no anexo IV da mencionada Lei 49/1998.

Segundo.-A adenda ou documento administrativo de formalización do concerto educativo será asinado polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada. Se o titular do centro privado non subscribise a adenda ou documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Terceiro.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

(FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO)

CENTROCONCELLOUNIDADESDENOMINACIÓN CICLO FORMATIVO

PROVINCIA: A CORUÑA

CERVANTESA CORUÑA1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
CRUZ ROJAA CORUÑA1COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
HOGAR SANTA MARGARITAA CORUÑA1COMERCIO
KARBOA CORUÑA1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
LÓPEZ Y VICUÑAA CORUÑA1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
NEBRIJAA CORUÑA1

1

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

SAN ANDRÉSA CORUÑA1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
SANTA MARIÑAA CORUÑA1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
MARÍA ASSUMPTANOIA1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
LOYOLAMUGARDOS1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DIVINO MAESTROA POBRA DO CARAMIÑAL1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
ACADEMIA ALCÁZARSANTIAGO DE COMPOSTELA1XESTIÓN ADMINISTRATIVA

PROVINCIA: OURENSE

SAN MARTÍNOURENSE1COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
SANTO CRISTOOURENSE1

1

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

PROVINCIA: PONTEVEDRA

ALOYAVIGO1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
DIVINO MAESTROVIGO1

1

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

HIJAS DE MARÍAVIGO1COMERCIO
MENDIÑOVIGO1

1

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

SAN MIGUELVIGO1

1

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

SAN ROQUEVIGO1IMPRESIÓN EN ARTES GRÁFICAS
VICTORIAVIGO1XESTIÓN ADMINISTRATIVA
VIVASVIGO1COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
EFA A CANCELAAS NEVES1PANIFICACIÓN E REPOSTERÍA