Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.035

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

DISTRIBUCIONES CASLI, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA

ANUNCIO.

Por acordo unánime da asemblea xeral realizada no domicilio social, rúa do Franco, nº 23-baixo, de Lugo, o día 21 de xullo de 1999, acórdase:

Aumenta-lo capital social na cantidade de seis millóns de pesetas, quedando modificado o artigo 47º

e o parágrafo 1 do artigo 48º dos estatutos sociais, que quedarán coa seguinte redacción:

Artigo 47º.-Capital social mínimo.

O capital social mínimo co que pode funciona-la cooperativa, e que deberá estar totalmente desembolsado desde a súa constitución, fíxase na cantidade de seis millóns cincocentas mil seiscentas cincuenta e cinco (6.500.655) pesetas, equivalentes a trinta e nove mil sesenta e nove con setenta e dous (39.069,72) euros.

Artigo 48º.-Achegas obrigatorias.

A achega obrigatoria mínima para ser socio traballador será de dous millóns cento sesenta e seis mil oitocentas oitenta e cinco (2.166.885) pesetas, e esta cantidade deberá estar totalmente desembolsada para adquiri-la condición de socio.

Lugo, 26 de outubro de 1999.

José Castro Fernández

Presidente do Consello Rector