Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudio de detalle relativo ás parcelas C, H e L do polígono 42 do PERI do Calvario (expediente 5246/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 7 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle de ordenación de volumes e espacios libres das parcelas C, H e L do polígono 42 do PERI do Calvario, aprobado polo Concello Pleno con data do 28 de decembro de 1998, conforme a documentación presentada pola xunta de compensación do polígono, redactada polo arquitecto José A. Martín Curty, con data de visado polo COAG do 24 de xuño de 1999.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da casa do concello, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de outubro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo