Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública da modificación do proxecto de compensación do polígono 42 do PERI do Calvario nas parcelas C, H e L (expediente 4170/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesion do 7 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle das parcelas C, H e L do polígono 42 do PERI do Calvario.

Segundo o punto terceiro da parte dispositiva do devandito acordo, sométese este expediente de modificación do proxecto de compensación do polígono 42 do PERI do Calvario nas parcelas C, H e L, a exposición pública xunto coa modificación do estudio de detalle inicialmente aprobada, segundo acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do día 7 de outubro, polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren convenientes de conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 28 de outubro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo