Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EDICTO polo que se fai público o decreto de suspensión do prazo para resolve-lo expediente incoado de oficio sobre declaración de nulidade do PEPRI III-02 Finca do Conde (expediente Ref. 5411/411 (1999)).

Resultando que o procedemento de declaración de nulidade de pleno dereito do PEPRI III-02 Finca do Conde foi iniciado en virtude do acordo plenario adoptado o 30-8-1999.

Resultando que, instruído o procedemento e conforme co disposto nos artigos 102.2º da LRX-PAC, 11 da Lei 9/1995 e 5 do Decreto 287/1996, se solicitou no día de hoxe, 29-10-1999, o preceptivo dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Considerando que, conforme se establece no artigo 102.5º da LRX-PAC, o prazo máximo legal para dictar resolución neste procedemento é de tres (3) meses.

Considerando que, non obstante o anterior e segundo o previsto no artigo 42.5º c) da LRX-PAC, o transcurso do prazo máximo legal para resolve-lo procedemento e notifica-la resolución poderá suspenderse polo prazo máximo de tres (3) meses cando deban solicitarse informes que sexan preceptivos e determinantes do contido da resolución ó órgano da mesma ou distinta Administración, polo tempo que

medie entre a petición, que deberá comunicárselles ós interesados, e a recepción do informe, que igualmente lles deberá ser comunicada a estes.

Esta alcaldía, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, polo presente decreto,

RESOLVE:

Primeiro.-Suspende-lo prazo para resolve-lo procedemento incoado de oficio de declaración de nulidade do PEPRI III-02 Finca do Conde e para notifica-la correspondente resolución; suspensión que terá efectos desde o día en que se solicita o preceptivo dictame do Consello Consultivo de Galicia (29-10-1999) e ata que este se reciba neste concello, o que tamén lles será debidamente comunicado ós interesados. O prazo máximo da suspensión acordado é de tres (3) meses.

Segundo.-Conforme o previsto no artigo 107 da LRX-PAC e por tratarse dunha resolución de simple trámite que non decide directa nin indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continua-lo procedemento nin produce indefensión ou prexuízos irreparables a dereitos e intereses lexítimos, esta non é susceptible de recurso.

Terceiro.-Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nos taboleiros de anuncios da casa do concello e da Xerencia Municipal de Urbanismo e notificárllela ós interesados, de acordo co previsto nos artigos 58 a 61 da LRX-PAC.

Vigo, 29 de outubro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde

Marcial Garcinuño Sáez

Secretario xeral