Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifica resolución do pasado 5 de novembro pola que se acorda mante-la suspensión provisional acordada o 6 de maio de 1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, resolve notificar a Ángel Adolfo Vicente González, funcionario da escala de axentes forestais do corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia, por non se conseguir practica-la notificación persoal da Resolución do 5 de novembro de 1999, que de seguido se reproduce:

«Vista a solicitude que formula a instructora do expediente disciplinario incoado a Ángel Adolfo Vicente González en virtude de Resolución do 17 de marzo de 1999, por inasistencia ó seu posto de traballo na que se acredita a imposibilidade de incumpri-los prazos de tramitación do dito expediente pola paralización sufrida desde o 29 de setembro, en que se intenta darlle vista do expediente ó expedientado infructuosamente, véndose na obriga de intenta-la notificación mediante a publicación

no Diario Oficial de Galicia actualmente en trámite; fanse as seguintes consideracións:

1. O expedientado ó longo da tramitación do expediente procurou en todo momento dilata-los prazos dos distintos trámites do procedemento recollendo as notificacións remitidas con aviso de recibo no último día do prazo establecido para ese efecto, o que acredita a súa vontade de entorpece-la tramitación do expediente tal e como se desprende da información en tal sentido que emite a instructora do expediente.

2. Por publicación no Diario Oficial de Galicia do 3 de agosto de 1999, notificóuselle ó expedientado a Resolución do 6 de maio de 1999, pola que se acordou a suspensión provisional das súas funcións durante a tramitación do expediente disciplinario incoado por Resolución do 17 de marzo de 1999.

3. A suspensión acordouse, de conformidade co disposto no artigo 20.2º do Decreto 94/1991, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos e cos efectos sinalados nos artigos 47, 48 e 49.2º e 3º da Lei de funcionarios civís do Estado.

4. O artigo 49.2º da Lei de funcionarios civís do Estado establece que: «o tempo de suspensión provisional, como consecuencia de expediente disciplinario, non poderá exceder de seis meses, salvo no caso de paralización do procedemento imputable ó interesado. A concorrencia desta circunstancia determinará a perda de toda retribución ata que o expediente sexa resolto».

5. A continua actividade entorpecedora por parte do expedientado culmina coa non constancia da recepción da notificación do 29 de setembro de 1999, pola que se lle ofrece o trámite de vista do expediente, previo á formulación da proposta de resolución, polo que desde a dita data debe considerarse paralizado o expediente, sendo imputada a dita paralización ó interesado.

6. O artigo 44.2º, parágrafo segundo da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999 establece que: «nos supostos en que o procedemento se paralizase por causa imputable ó interesado, interromperase o cómputo do prazo para resolver e notifica-la resolución».

Na súa virtude, esta consellería resolve, á vista da paralización do expediente sancionador incoado a Ángel Adolfo Vicente González, mante-la suspensión provisional de funcións acordada o 6 de maio de 1999, ata que sexa resolto o expediente, coa perda de toda retribución, téndose por interrompido o cómputo no prazo para resolver e notifica-la resolución.

Notifíqueselle ó interesado, facéndolle saber que contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de reposición potestativamente ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, ou ben directamente recurso

contencioso administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ó seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 e a Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1999.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO I

Interesado: Ángel Adolfo Vicente González.

DNI: 11.715.750 X.

Último enderezo coñecido: Agro da Magdalena, 1-2º D. O Milladoiro-Ames (A Coruña).

Notificación do mantemento da suspensión provisional acordada o 6 de maio de 1999.