Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU 172/99P por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora do expediente a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que considere convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretende valerse.

De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da

potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 27 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 172/99-P.

Denunciado: José Luis Rodríguez Conde.

DNI: 34.720.264-Q.

Último enderezo coñecido: r/ Muralla nº 2-2º A, Verín (Ourense).

Feito denunciado: pescar dúas troitas de 14 cm, dimensión inferior á legal.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.

Instructora: Míriam Areal López.