Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a empresa Ambio, S.A. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude, presentada por Ángel Mourelle Álvarez, en calidade de representante de Ambio, S.A., CIF A-08/507915, con domicilio social na rúa do Polígono, 11, baixo da Coruña, na que solicita autorización para actuar como organismo de control, a Dirección Xeral de Industria ten en consideración os seguintes feitos:

Primeiro.-Ambio, S.A. foi acreditada por ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, con data 10 de setembro de 1999, como organismo de inspección tipo A, segundo os criterios recollidos na norma UNE EN 45004-95, para as actividades de inspección no ámbito regulamentario de calidade ambiental, tal e como consta no certificado de acreditación nº 30/EI/039/99, por un período de vixencia de catro anos.

Segundo.-Con data do 13 de outubro de 1999 Ángel Mourelle Álvarez, en nome e representación de Ambio, S.A., presentou escrito no que solicitaba, ó amparo do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestructura de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como

organismo de control, no ámbito regulamentario de calidade ambiental.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 43.3º do citado real decreto.

Fundamentos de dereito:

Primero.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 57, do 21 de marzo), modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio (DOG nº 86, do 7 de maio) e 292/1995, do 3 de novembro (DOG nº 219, do 15 de novembro), en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial e a demáis lexislación

concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Ambio, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias xerais establecidas no artigo 43.3º do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación no ámbito regulamentario solicitado.

Esta dirección xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la empresa Ambio, S.A. para actuar como organismo de control para as actividades de inspección comprendidas nos ámbitos regulamentarios seguintes:

12. Calidade ambiental.

12.1. Área atmosfera.

12.2. Área aguas.

12.3. Área residuos.

12.4. Área ruídos.

12.5. Área solos.

Segundo.-Esta autorización ten un período de vixencia ata o 27 de outubro do ano 2003, podendo ser suspendida ou revogada ademais de nos casos recollidos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC.

Terceiro.-Ambio, S.A. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos

puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo en todo caso notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou o inicio da súa actividade.

Cuarto.-Esta autorización queda supeditada ó seguinte condicionado:

a) Comunicar á Delegación Provincial de Industria de A Coruña, os datos actualizados para a súa inscrición ou modificación no Rexistro de Establecementos Industriais, establecido pola Lei de industria e regulado polo Real decreto 697/1995, do 28 de abril.

b) Comunicar á Dirección Xeral de Industria, ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, acompañando, se é o caso, o informe ou certificado da entidade de acreditación ENAC.

c) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

d) Nas súas actuacións na Comunidade Autonóma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que no seu día poida establece-la Consellería de Industria e Comercio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria