Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/93-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. subestación-C.T. San Francisco.

Situación: Ribadavia.

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20, de 525 m, desde o C.T. Rodríguez Valcárcel ata o C.T. San Francisco; desde este C.T. parte outra liña soterrada das mesmas características ata a L.M.T. ó C.T. Magdalena, no seu paso de aérea a soterrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense