Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 20/1999).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Made Energías Renovables, S.A., con enderezo en Paseo de la Castellana, 95-P. 29, 28046 Madrid, para autorización administrativa do parque eólico de Coto Teixido, con base nos seguintes datos:

Concellos afectados: Ortigueira, Mañón e As Pontes de García Rodríguez.

Superficie afectada: 7,2 km.

Coordenadas:

V1(596.000 W, 4.827.440 N), V2(596.500 W, 4.827.400 N), V3(597.000 W, 4.826.400 N), V4(597.800 W, 4.826.000 N), V5(598.000 W, 4.825.300 N), V6(599.400 W, 4.825.000 N), V7(599.000 W, 4.824.000 N), V8(598.000 W, 4.824.500 N), V9(597.400 W, 4.823.400 N), V10(596.500 W, 4.824.000 N), V11(596.600 W, 4.823.600 N), V12(595.800 W, 4.824.200 N).

Potencia que se vai instalar: 24,42 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar as solicitudes en competencia axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 21 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña