Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/14-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Freixo-Os Vilares-A Casanova.

Situación: Celanova e Ramirás.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 2.161 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na actual derivación existente desde a L.M.T. Frieira-Sobrado e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Freixo. L.M.T. aérea a 20 kV de 193 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. proxectada a Freixo e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V nos Vilares-A Casanova. L.M.T. aérea a 20 kV de 54 metros en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 12 da L.M.T. proxectada a Freixo e remate no C.T. en caseta existente nos Vilares-A Casanova. 3 R.B.T. aéreas de 1.667, 837 e 599 metros en conductores R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 21 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense