Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/6-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sta. Mariña-Fradelo.

Situación: Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

Descricións técnicas: 3 liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56: 1ª de 4.558 metros, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. a C.T. de Vilariño de Conso e remate no C.T. con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Quintela do Pando. R.B.T. aérea con orixe no devandito C.T., de 325 metros en conductor R.Z. 2ª de 845 metros, con orixe no apoio nº 13 da L.M.T. Vilariño de Conso-Quintela do Pando e remate na L.M.T. a C.T. de Ardexarxe. 3ª de 298 metros, con orixe no apoio nº 14 da L.M.T. Vilariño de Conso-Quintela do Pando e remate no C.T. con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Fradelo. R.B.T. aérea con orixe no devandito C.T., de 195 metros en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 21 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense