Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 21/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2819/1966

e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Made Energías Renovables, S.A.

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 95, planta 29, 28046 Madrid.

Denominación: parque eólico de Faladoira.

Concellos afectados: Ortigueira e Mañón (A Coruña).

Superficie afectada: 11,74 km.

Coordenadas:

V1(596.000 W, 4.829.200 N), V2(600.000 W, 4.829.500 N), V3(600.000 W, 4.827.000 N), V4(599.300 W, 4.826.000 N), V5(597.800 W, 4.826.000 N), V6(597.000 W, 4.826.400 N), V7(596.500 W, 4.827.400 N) e V8(596.000 W, 4.827.400 N).

Potencia que se vai instalar: 24,4 MW.

Durante o prazo de vinte días poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas segundo ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 21 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña