Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7055; XG-429, Noia-Medoña-Negreira-Cornanda-Noia, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-3196; XG-358, Negreira-Medoña-Noia e V-3208; XG-359, Negreira-Cornanda-Noia, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 24 de setembro de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos Dosil, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7055; XG-429, Noia-Medoña-Negreira-Cornanda-Noia, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-3196: XG-358, Negreira-Medoña-Noia, e V-3208; XG-359, Negreira-Cornanda-Noia, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Noia, Vilanova, Orro, Ponte Nafonso, cruzamento Cando, Cando, Cuns, Fornos, Medoña, Romarís, Barbazán, Reibo, Trece, Gonte, Negreira, Ons, Mourentáns, Viceso, Esparís, Pousada, Vilar, Nináns, Luaña, Amanecida, Ardións, Goiáns, Cornanda, A Graña, Vilariño, Corenzo, Nimo, Pastoriza, cruzamento Pastoriza, Sampaio, cruzamento Albariza, Fialla/Albariza e Noia.

* Fialla/Albariza, cruzamento Vilaverde, Vilaverde, Igrexa Santa María de Roo e Castro.

* Cruzamento Albariza e cruzamento Vilaverde.

* Peirao, A Barquiña, Carracido, Telleiro, Igrexa, cruzamento Lavadeiro, Casa Peto, Esquinita, Barro, Fonte Barro, cruzamento Barro e Noia (E.A.)

* San Bernardo, Rasa de Abaixo, Rasa de Arriba, Piñeiro, Ponte, Xilvir, Calzada e Noia (E.A.).

II. Expedicións.

Noia-Medoña-Negreira (28,5 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes e os venres laborables e os domingos.

Cuns-Noia (10,5 km).

* Dúas expedicións de ida e tres de volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados.

* Tres expedicións de ida e volta os domingos.

Noia-Cornanda-Negreira (33 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Negreira-A Graña (13,5 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

Noia-Fialla/Albariza-cruzamento Albariza-Sampaio-cruzamento Albariza-cruzamento Vilaverde-Castro (12,8 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes e xoves laborables.

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

Peirao-A Barquiña-Carracido Telleiro-Igrexa-cruzamento Lavadeiro-Casa Peto-Esquinita-Barro-Fonte Barro-cruzamento Barro-Noia (4 km).

* Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados e domingos.

San Bernardo-Rasa de Abaixo-Rasa de Arriba-Piñeiro-Ponte-Xilvir-Calzada-Noia (3 km)

* Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados e domingos.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,45 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,04 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,2675 ptas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados,

ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes