Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 29 de novembro de 1999 Páx. 14.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (48/1999).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 48/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e nove.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas nº 48/1999, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciantes-denunciados, María Virginia Barros Angoeira e Francisco Fernando Rivera García; e como denunciada, Marga Crespo Amado.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a María Virginia Barros Angoeira, Marga Crespo Amado e Francisco Fernando Riveiro García das faltas de furto polas que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Marga Crespo Amado, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, o oito de novembro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado