Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.991

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XENÉTICA FONTAO, S.A.

ANUNCIO do 26 de outubro de 1999 pola que se fai pública a convocatoria de proceso selectivo para a cobertura de tres prazas de persoal laboral fixo no cadro de persoal da sociedade Xenética Fontao, S.A.

Dando cumprimento ó previsto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, a sociedade Xenética Fontao, S.A. anuncia a convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral fixa das tres seguintes prazas pertencentes ó seu cadro de persoal: 1 veterinario/a, 1 auxiliar de laboratorio e 1 limpador/a.

Os ditos postos terán as seguintes funcións principais.

-Veterinario/a: control sanitario dos animais; control dos medios de producción do centro e da calidade do seme; manexo, control e mantemento do banco de seme e das instalacións do centro; control informático das produccións e saídas do seme; e apoio

directo ó director de producción, subsituíndo a este no caso de ausencia ou enfermidade.

-Auxiliar de laboratorio: preparación do seme para envasado; rotulación e envasado de palletas de seme; saídas do banco de seme; informatización e control de datos de producción e saídas de seme; coidado do banco de seme; funcións administrativas auxiliares do centro; así como as encomendadas polo director de producción.

-Limpador/a: limpeza e mantemento xeral do edificio principal e demais dependencias do centro, tanto interiores como exteriores; limpeza do material de laboratorio, así como as encomendadas polo director de producción.

O proceso selectivo axustarase ás seguintes bases de convocatoria:

I. Requisitos dos aspirantes: I.1. Veterinario. Titulación oficial de licenciado/a en Veterinaria. I.2. Axuliar de laboratorio. Titulación académica: I.2.1. FP1 (rama química, profesión operador de laboratorio ou operador de planta) ou I.2.2. graduado escolar, FP1 ou equivalente. Experiencia: soamente para o punto I.2.2, ademais da titulación requírense dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada. I.3. Limpador/a. Titulación académica: certificado de escolaridade.

II. Méritos valorables: II.1. Veterinario. II.1.1. Currículo. II.1.2. Experiencia en centros de escolma e reproducción animal e II.1.3. Coñecemento da lingua galega. II.2. Axuliar de laboratorio. Os mesmos anteriores (II.1.1., 2 e 3). II.3. Limpador/a. O primeiro e terceiro anteriores (II.1.1. e II.1.3.).

III. Solicitudes: III.1. Para tomar parte nas probas de selección deberase presentar unha solicitude, indicando expresamente nesta a praza á que opta, xunto coa seguinte documentación: III.1.1. Fotocopia do documento nacional de identidade; III.1.2. Fotografía tamaño carné; III.1.3. Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación e a experiencia, se é o caso, esixida, así como os méritos que se van valorar; III.1.4. III.2. As solicitudes faranse chegar á secretaría de Xenética Fontao, S.A., ó enderezo seguinte: Santiago de Compostela (A Coruña), Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños (CP 15704). III.3. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. III.4. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará nos taboleiros de anuncios de Xenética Fontao, S.A., en Fontao-Esperante (Lugo), e dos servicios centrais do

Ilgga, no mesmo enderezo sinalado na base III.2, a lista previa de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, establecéndose un prazo de cinco (5) días naturais para que, se é o caso, os interesados poidan corrixi-los posibles erros emendables. III.5. Transcorrido o pra

zo sinalado na base III.4 publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, estableceranse as puntuacións correspondentes á valoración dos méritos, e sinalarase o lugar, a data e a hora na que comezarán as probas de selección. A primeira proba realizarase transcorrido un prazo mínimo dun mes desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. III.6. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada das bases da convocatoria.

IV. Comisión de selección. IV.1. O proceso selectivo será efectuado por unha comisión de selección, integrada polo director do Ilgga, como presidente, o xefe do Sercicio de Xestión Administrativa do Ilgga, como secretario, e o xefe do Servicio de Producción Animal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e dous membros do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A., como vocais. IV.2. A comisión de selección resolverá cantas dúbidas xurdan no desenvolvemento do proceso selectivo, con suxeición á normativa vixente e ó previsto nestas bases da convocatoria.

V. Probas de selección. Establécense dúas probas de selección: V.1. Unha, de carácter teórico-práctico, sobre os coñecementos específicos para cada posto. V.2. Outra, consistente nunha entrevista persoal, sobre os coñecementos dos aspirantes e as súa adecuación ós postos de traballo. V.3. Os aspirantes terán que acudir ás probas provistos do documento nacional de identidade. V.4. Efectuada a proba teórico-práctica, a comisión de selección publicará nos taboleiros de anuncios sinalados na base III.4. ás puntuacións de tódolos aspirantes, e establecerá o lugar, a data e a hora para que, os que superaron a dita proba, efectúen a entrevista persoal.

VI. Baremo de puntuación. VI.1. Os méritos ós que se refire a base II puntuaranse cun máximo de dez (10) puntos. VI.2. A proba teórico-práctica a que se refire a base V.1. terá unha puntuación máxima de dez (10) puntos, e para que se entenda superada é necesario acadar un mínimo de cinco (5) puntos. De non obte-la dita puntuación mínima, os aspirantes no poderán acceder á entrevista persoal. VI.3. A entrevista persoal (base V.2.) puntuarase cun máximo de dez (10) puntos.

VIII. Selección dos candidatos. VII.1. Seleccionaranse os candidatos que obteñan a maior puntuación final, logo da suma das puntuacións parciais obtidas na fase de méritos e nas probas de selección. VII.2. A comisión de selección proporá ó Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A. o nomeamento dos candidatos seleccionados, que procederá a autoriza-las correspondentes contratacións.

Lugo, 26 de outubro de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Presidente do Consello de Administración

de Xenética Fontao, S.A.