Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999 pola que se aclara o anuncio do concurso publicado no DOG número 215, do 8 de novembro de 1999, para formación do inventario de bens.

En relación co anuncio do concurso para contratación dos traballos de formación do inventario de bens desta deputación provincial, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 215 do pasado día 8 de novembro de 1999, faise a seguinte aclaración:

Quedan excluídos da formación do dito inventario os bens pertencentes ós organismos autónomos dependentes desta deputación seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, CFP Fogar Provincial, Padroado de Turismo Rías Baixas, Caixa de Anticipos e o ORAL.

O prazo de presentación de proposicións do concurso queda prorrogado por 13 días naturais máis, contados desde o vindeiro 30 de novembro do ano en curso.

Pontevedra, 18 de novembro de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado