1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto: prestación do servicio para realizar traballos topográficos de catalogación, publicacións e actividades de distintos departamentos do Museo Provincial de Lugo.
3. Orzamento: 4.500.000 pesetas.
4. Duración do contrato: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2000.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.
6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
7. Presentación das ofertas: trece (13) días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP, número 261, do 13 de novembro de 1999.
Lugo, 15 de novembro de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo