Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co que acordou a Comisión de Goberno desta deputación, na sesión do día da data, convócase concurso aberto para a asistencia técnica de redacción do proxecto de construcción do CV 324 Vilamartín-San Vicente, entre os pk 6,500 e 8,500, en Vilamartín de Valdeorras, con orzamento de licitación de 11.600.000 ptas. A garantía provisional é de 232.000 ptas. e a definitiva do 4% do importe da adxudicación. O prazo de execución do contrato é de 4 meses. Poden concorrer ó concurso as persoas físicas ou xurídicas das que as súa finalidade ou actividade teña relación directa co obxecto do contrato.

A presentación da documentación e ofertas realizarase no rexistro desta deputación ata as 12 horas do 26º día natural seguinte ó da publicación do anun

cio no Diario Oficial de Galicia, e a apertura de plicas realizarase ás 12 horas do día seguinte hábil, agás sábados, no pazo provincial.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas serán facilitados gratuitamente a quen o solicite na Secretaría Xeral da Deputación, rúa Progreso, 32, podendo tamén formularse o pedido por teléfono 988 38 51 00, ou por fax 988 38 51 84.

Ourense, 15 de novembro de 1999.

O presidente

Rubricado