Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: servicio de explotación do comedor da residencia universitaria Santa María, que está na cidade de Lugo.

3. Orzamento: 15.375.000 pesetas.

4. Duración do contrato: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2000.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: trece (13) días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP, número 261, do 13 de novembro de 1999.

Lugo, 15 de novembro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo