Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de exposición ó público da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello de Muros anuncia a exposición ó pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o pasado día 5 de novembro de 1999. O período de exposición ó público é dun mes contado desde que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o que as persoas e as entidades interesadas poderán presentar-las suxestións, alegacións e reclamacións que xulguen oportunas. O expediente administrativo e maila documentación que integra o plan están ó dispor do público nas oficinas municipais.

Así mesmo, anúnciase que a aprobación incial do PXOM determina a suspensión do outorgamento de licencias nas áreas nas que as novas determinacións modifican o réxime urbanístico anterior, que son: a) os terreos incluídos nos solos urbanizables de Acea e Agra de Ventín en Serres, Agra do Xas en

Louro, e Maio, Freixeiros e Agra de Solleiros en Esteiro; b) os terreos incluídos nas unidades de execución de solo urbano de Muros, Louro e Esteiro; e c) os terreos afectados polas novas vías públicas de Barcos en Louro, e Agra de Serres a Taxes en Serres e Louro.

Muros, 18 de novembro de 1999.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde