Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa de 1954 e consecuentes do seu regulamento, declarada a urxente ocupación polo Decreto 285/1999, do 14 de outubro (Diario Oficial de Galicia nº 215, do 8 de novembro) dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras de acondicionamento do camiño veciñal nº 1 Sandiás-A Ponte Liñares. Fáiselles saber a tódolos interesados afectados por esta expropiación que no décimo quinto día hábil, no caso de coincidir en sábado, pasará ó seguinte día hábil, contado desde a última publicación deste anuncio no diario La Región, BOP e no Diario Oficial de Galicia, ás 12 na casa do concello, sen prexuízo de desprazarse ó lugar onde estean situados os bens obxecto de expropiación procederase ó levantamento de actas previas á ocupación.

Ata ese momento poderán formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes só para os efectos de corrixir posibles erros na relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación.

Relación de bens e propietarios:

A) Propietario: Mª Lina Cabrera Gómez.

DNI: 34.487.094.

Bens: 2,70 m de terreo de labradío e un muro de 10 m.

B) Propietario: María Bahía Rodríguez.

DNI: 34.555.127.

Bens: 263,50 m de terreo de labradío e muro de 140 m.

C) Propietario: Rudesindo Gómez Blanco.

Bens: 287,90 m de terreo de labradío e un muro de 127 m.

Sandiás, 17 de novembro de 1999.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa