Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de novembro de 1999, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso para a cobertura de asistencia sanitaria dos traballadores do Concello de Lugo. Anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a cobertura de asistencia sanitaria dos traballadores do Concello de Lugo, de acordo cos seguintes requisitos mínimos que deben cumprir tódalas entidades ofertantes.

As pólizas obxecto deste contrato son tres:

I. Cobertura de funcionarios en activo con data de ingreso, anterior ó 1 de abril de 1993.

II. Cobertura de funcionarios en activo, con data de ingreso posterior ó 1 de abril de 1993, persoal laboral e membros da corporación.

III. Persoal xubilado do Concello de Lugo.

As numeradas nos puntos II e III serán operativas para o Concello de Lugo, e serán obxecto de estudio independente.

d) Prazo de duración: a duración máxima do contrato será de 4 anos prorrogables por 2 anos de non mediar denuncia por ningunha das partes con tres meses de antelación á finalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o prezo do contrato non poderá supera-las 5.000 pesetas mensuais por asegurado ou beneficiario.

Ofertarase ademais unha póliza para funcionarios de ingreso posterior ó 1 de abril de 1993 e persoal laboral fixo e membros da corporación, nas mesmas condicións económicas e asistenciais que a póliza obxecto do contrato.

Ofertarase igualmente unha póliza para traballadores pasivos, nas mesmas condicións asistenciais. Deberán reflectirse as condicións económicas, por parte da compañía, para os xubilados actuais e futuros.

5. Garantías.

Provisional: 1.200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59, 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior ó remate de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 11 de novembro de 1999.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado da Área