Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno, en sesión do 9-11-1999, o proxecto, o expediente e o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerán a contratación para a concesión do servicio de auga potable do concello, expóñense ó público na secretaría do concello por prazo de oito días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no BOP e no DOG co fin de que se poidan presentar alegacións e reclamacións.

Ó mesmo tempo anúnciase licitación para adxudica-lo contrato mediante tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Coles, sito en Vilarchao, 32152-Coles, teléfono 988 20 51 32. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación.

2. Obxecto do contrato, orzamento da licitación e prazo: obxecto do contrato: concesión do servicio de auga potable de Coles. Prezo máximo: 148,20 ptas./m facturado ós usuarios. Prazo: 10 anos.

3. Fianzas: provisional: 375.000 ptas. Definitiva: 750.000 ptas.

4. Clasificación do contratista: servicios, grupo III, subgrupo 7, categoría B.

5. Presentación de proposicións: prazo: ata as 12 horas do 13º día natural seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no DOG e no BOP de luns a venres, computándose o prazo a partir da última publicación. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no punto 35, do prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito en Vilarchao/Coles. Prazo de vinculación da oferta: vinte días ou corenta no caso de baixa temeraria, como máximo, contado desde a apertura de proposicións. Modelo de proposicións: figura no prego.

6. Apertura das ofertas: o día hábil seguinte (agás sábado) a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións ás 17 horas.

7. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Coles, 19 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado