Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación dos servicios de captación de empresas europeas para a súa asistencia ó VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de captación de empresas europeas para a súa asistencia ó VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: C.P. nº 31/99.

2. Obxecto do contrato: servicios de captación de empresas europeas para a súa asistencia ó VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, debendo ser entregadas no Igape en todo caso as fichas de inscrición das empresas totalmente cubertas con anterioridade ó 28 de febreiro do ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 30.000.000 de ptas. (trinta millóns de pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación:

a) Ata un máximo de 15.000.000 de ptas., IVE incluído, pola captación das primeiras cen empresas.

b) Ata un máximo de 75.000 ptas., IVE incluído, pola captación de cada empresa adicional máis desde a 101, co límite máximo doutros 15.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 600.000 ptas.

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do segundo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 11 horas do oitavo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica