En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de proposta, programación e execución dunha campaña publicitaria correspondente á celebración do VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.
b) Número de expediente: C.P. nº 30/99.
2. Obxecto do contrato: servicios de proposta, programación e execución dunha campaña publicitaria correspondente á celebración do VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.
Prazo de execución: segundo oferta técnica, debendo en todo caso ser realizada a campaña como mínimo durante os meses de xaneiro e febreiro do ano 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 30.000.000 de ptas. (trinta millóns de pesetas), IVE incluído.
5. Garantía provisional: 600.000 ptas.
6. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
b) Domicilio: r/ Barrio de San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña .
d) Teléfono: 981 54 11 01.
e) Telefax: 981 54 11 20.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.
9. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede
do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.
10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1999.
Diego Diz Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica