Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999 pola que se aproba a corrección de erros do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de accesos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de convexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola en Vilaboa.

Por Resolución do 3 de novembro aprobouse o sometemento a información pública do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de accesos ó parque empresarial de Bértola e o proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola en Vilaboa.

Detectados erros na relación definitiva de afectados que se xuntaba á dita resolución e que se incorporaba no expediente referido, apróbase esta que a rectifica, incorporándose ó anterior expediente e así vistos os artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, pola que se aprobou a Lei do solo de Galicia, así como os artigos 202 e seguintes do R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento de xestión urbanística, sométese a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do mencionado proxecto de conformidade co plan aprobado coa corrección de erros referida.

O expediente coa súa corrección estará exposto no Concello de Pontevedra e no de Vilaboa e na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, polo termo dun mes, notificándose individualmente os que aparezan como titulares dos bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración, e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación ou da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, todas aquelas persoas e entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas, por triplicado exemplar na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo