Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de outubro de 1999 relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas O Ribeiro 1, O Ribeiro 2, O Ribeiro 3, O Ribeiro 4, O Ribeiro 5, O Cotaro 1, O Cotaro 2, O Cotaro 3, Monte de Arriba 1, Monte de Arriba 2, a favor dos veciños da Granxa, no concello do Carballiño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar o 18 de decembro de 1996, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas O Ribeiro 1, O Ribeiro 2, O Ribeiro 3, O Ribeiro 4, O Ribeiro 5, O Cotaro 1, O Cotaro 2, O Cotaro 3, Monte de Arriba 1, Monte de Arriba 2, e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miguel Ángel González Trigás.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: O Carballiño (Ourense).

Monte integrado polas parcelas denominadas: O Ribeiro 1, O Ribeiro 2, O Ribeiro 3, O Ribeiro 4, O Ribeiro 5, O Cotaro 1, O Cotaro 2, O Cotaro 3, Monte de Arriba 1, Monte de Arriba 2.

Comunidade propietaria: veciños da Granxa.

Superficie: 79.904 m, aproximadamente en conxunto.

-Parcela O Ribeiro 1.

Superficie: 2.856 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: herdeiros de Cesáreo González e estrada.

Sur: depurador de augas.

Leste: estrada.

Oeste: herdeiros de Cesáreo González.

-Parcela O Ribeiro 2.

Superficie: 2.186 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: depurador de augas.

Sur: Dina «do Verrador».

Leste: estrada.

Oeste: camiño público.

-Parcela O Ribeiro 3.

Superficie: 32.8542 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: veciños de Saa.

Sur: estrada.

Leste: Alejandro Rodríguez e camiño.

Oeste: estrada.

-Parcela O Ribeiro 4.

Superficie: 223 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: Eliseo Rodríguez.

Leste: Tomás Barroso.

Oeste: estrada.

-Parcela O Ribeiro 5.

Superficie: 1.493 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: Alejandro Rodríguez.

Leste: estrada.

Oeste: Camilo Rodríguez e outros.

-Parcela O Cotaro 1.

Superficie: 179 m, aproximada.

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: Antonio Rodríguez.

Leste: pista forestal.

Oeste: Antonio Rodríguez.

-Parcela O Cotaro 2.

Superficie: 5.829 m, aproximada.

Estremas:

Norte: camiño público.

Sur: comunal de Saa.

Leste: comunal de Saa.

Oeste: estrada.

-Parcela O Cotaro 3.

Superficie: 2.262 m, aproximada.

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: comunal de Saa.

Leste: estrada.

Oeste: camiño.

-Parcela Monte de Arriba 1.

Superficie: 31.210 m, aproximada.

Estremas:

Norte: herdeiros de José Rodríguez e outros.

Sur: pista forestal.

Leste: Jesús Rodríguez e outros.

Oeste: herdeiros de Agustín Rodríguez.

-Parcela Monte de Arriba 2.

Superficie: 812 m, aproximada.

Estremas:

Norte: pista forestal.

Sur: Herminia Rodríguez.

Leste: pista forestal.

Oeste: camiño público.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 25 de outubro de 1999.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense