Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 41/99P en materia de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5ª planta, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 27 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 41/99-P.

Denunciado: Ricardo Couto Blanco.

DNI: 34.947.275.

Último enderezo coñecido: Avda. de Buenos Aires, 165-2º A (Ourense).

Feito probado: ceba-las augas con asticot.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas., retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.