Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gasto, para a contratación do servicio de redefinición do Sistema Informático de Xestión de Formación Ocupacional (Sifo).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 42/99.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: redefinición do Sistema Informático de Xestión de Formación Ocupacional (Sifo), a través das seguintes etapas: análise da actual aplicación (enfocada á identificación das carencias funcionais e operativas que presenta o actual sistema, destacándose neste aspecto a necesidade de integración da xestión da formación ocupacional co Servicio Galego de Colocación no tocante á unificación de entidades comúns e á consecución dun sistema que permita realiza-lo seguimento do itinerario formativo e laboral dos demandantes de emprego) e especificacións funcional e técnica do novo sistema que substituiría ó actual.

b) Prazo de execución: 1 mes desde a adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 9.300.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

b) Domicilio: San Caetano, s/n (teléfono: 981 54 54 00).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: Información 981 54 56 03, 981 54 56 16, 981 54 56 75.

e) Telefax: 981 54 46 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requistos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre «A» o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 6 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1999.

J. Jaime López Cossio

Director xeral de Formación e Colocación