Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/40-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., río Támega, 12.

Situación: Verín.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 60 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. a C.T. matadeiro e remata na mesma L.M.T.S. a C.T. Estrela. C.T. baixo do malecón río Támega 12, con 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do C.T. malecón río Tamega 12 de 115 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 21 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense