Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.
Denominación: retranqueo da L.M.T. a Bóveda.
Situación: Coles.
Descricións técnicas: desvío da L.M.T. 20 kV a Bóveda ó seu paso pola parcela do serradoiro de Cambeo nunha lonxitude de 84 metros desde o apoio de derivación da L.M.T. ó C.T. Bóveda e remata no apoio nº 1 da L.M.T. proxectada Cambeo-Bóveda.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 21 de outubro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense