Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/49-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45. 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., A Regueira-Grande-Parada.

Situación: Vilamarín, San Cristovo de Cea.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 871 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 78 que se vai substituír da L.M.T. a C.T. Toubes e remate no C.T. aéreo proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Parada. R.B.T. aérea do anterior C.T. de 1.085 metros en

conductor R.Z., R.B.T. aérea de Rozadas con orixe no C.T. existente en caseta Toubes de 785 metros en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 21 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense