Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 26 de novembro de 1999 Páx. 13.969

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas ás que se refire o artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, para os corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), de conformidade co punto terceiro da Resolución do 30 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 198, do 13 de outubro).

Publicada a Resolución do 30 de setembro de 1999, relativa á publicación das listas ás que se refire o artigo 12.c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da dita resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez reparados os erros materiais constatados, as listas ás que se refire o artigo 12.c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ós corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública