Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a contratación da obra de reparación dos bloques 1, 3, 5, 7, 23, 25, 29, 33 e 35 do grupo de VPP da Salgueira-Vigo. (Expediente PO-99/REP 06).

Obxecto: execución das obras de reparación dos bloques 1, 3, 5, 7, 23, 25, 29, 33 e 35 do grupo de VPP da Salgueira. Vigo-Pontevedra.

Orzamento: cincuenta e seis millóns trescentas noventa e unha mil cento trinta e tres (56.391.133) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 4 e 7; categoría d.

Garantía provisional: dispensada, en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: dous millóns duascentas cincuenta e cinco mil seiscentas corenta e cinco (2.255.645) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no dito rexistro antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5º) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo