Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de material informático para este instituto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Dependencia tramitadora: Secretaría do Ilgga.

Número de expediente: concurso 4/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de material informático.

b) Lotes: dous lotes, un de ordenadores e outro dun servidor de rede.

c) Lugar de entrega: nos servicios centrais do Ilgga, sitos na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 15 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.005.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 180.100 ptas.

Definitiva: 360.200 ptas.

6. Obtención de información e documentación.

Entidade: Ilgga.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

Data límite: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

Lugar de presentación: no rexistro do Ilgga, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (C.P. 15704). Tamén poden achegarse as proposicións por correo, do xeito previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

Variantes: admitirase unha variante en cada lote.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Ilgga. O acto público terá lugar na sala de xuntas do dito organismo.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que será o seguinte día hábil.

Hora: ás 13 horas.

9. Documentación de interese para os solicitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do Ilgga (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia