Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e expediente anticipado de gasto, para a contratación do servicio para a recuperación de solos contaminados por vertidos incontrolados nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra.

1. Orzamento máximo: 83.594.055 pesetas, IVE incluído.

2. Prazo de execución do contrato: catro meses.

3. Fianza provisional: 1.671.881 pesetas.

4. Fianza definitiva: 3.343.762 pesetas.

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa Os Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 10

de xaneiro do 2000, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida na cláusula 8.1.1 do prego de cláusulas administrativas.

7.2. No sobre de proposición económica, a establecida na cláusula 8.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida na cláusula 8.1.3 do prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, ás 12 horas do día 21 de xaneiro do 2000.

9. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame e recollida, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, rúa Os Basquiños nº 2, Santiago de Compostela.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente