Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese
a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a C.T. Seixo.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 965 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Cillobre-A Piña e final no C.T. Seixo de 50 kVA. Concello de Laracha.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
A Coruña, 31 de agosto de 1999.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Liña: media tensión a C.T. Seixo.
Provincia: A Coruña.
Concello: Laracha.
ocupada m m afectada m
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Lugar Cultivo Nome Apelidos Domicilio Nº Superficie
Lonxitude
Superficie
(Ferreiros)
Laracha6 Herbal da Braña
Prado Manuel Rial Fernández Ribela, 10, Vilaño
47 470