Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle renova á Fundación Formación e Emprego (Forem-Galicia) a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Xosé Eusebio Justo Santos en representación da Fundación Formación e Emprego (Forem-Galicia) e a documentación anexa, na que se solicita que se lle renove a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 11 do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) aprobada por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta dirección xeral

RESOLVE:

Renovarlle á Fundación Formación e Emprego (Forem-Galicia) a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na IT-IC 11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo.

Para imparti-los cursos, debereselle comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria