Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 27 de setembro de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00372-O-1999 e trinta e un máis).

Advertido erro na devandita cédula, publicada no DOG nº 215, do 8 de novembro de 1999, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 13.094, na sanción proposta correspondente a Miguel Ángel Caramés Caridad, onde di: «25.000 ptas.», debe dicir: «50.000 ptas.».