Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.917

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de novembro de 1999 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varias prazas vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

En uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano nº 5, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas sinaladas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia dunha comisión de servicios con

cedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto ou os postos de traballo se se considerase oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días

hábiles seguintes ó da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo ou no da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

CódigoDenominación

do posto de traballo

Centro directivoLocalidade Corpo ou escala GrupoNivelComplemento

específico

FormaciónObservacións

PE.C01.00.000.15770.002Secretario/a de apoioGabinete do conselleiroSantiago de CompostelaXeralCD18 545.160001

PE.C03.00.001.15770.041Servicio de Asesoría TécnicaDirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de CompostelaXeral/especialAB281.703.640

PE.C03.00.002.15770.005Servicio de PescaDirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de CompostelaXeral/especialAB281.703.640

PE.C03.00.002.15770.015Servicio de Vixilancia e InspecciónDirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de CompostelaEspecialAB281.703.640954Horario especial

PE.C03.00.002.15770.016Sección de VixilanciaDirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de CompostelaEscala IP,NM,NP,SP,TVABC251.192.548954Horario especial

PE.C04.00.001.15770.026Servicio de Comercialización e InfraestructuraDirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e MercadosSantiago de CompostelaXeral/especialAB281.703.640

PE.C05.00.000.15770.002Secretario/a do director/a xeralDirección Xeral de Formación Pesqueira e InvestigaciónSantiago de CompostelaXeralCD18 545.160001

PE.C99.40.202.36590.001XerenteCentro de Control de Calidade do Medio MariñoVilaxoán, Vilagarcía de Arousa, PontevedraXeralA261.362.924Horario especial

PE.C99.40.201.36600.002XerenteCentro de Investigacións MariñasCorón, Vilanova de Arousa, PontevedraXeralA261.362.924

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 13.915.